lunes, 9 de julio de 2012

Noticia 2

Un ano e medio de tortura italiana

626 foron os días que Óscar Sánchez, un lavacoches natural de Montgat, Barcelona, pasou preso nunha cárcere italiana debido a unha confusión. Todo comezou no ano 2002, cando Óscar prestou o seu dni a cambio de cartos para, supostamente, axudar a un indocumentado. O certo é que este dni foi parar ás mans de Marcelo Roberto Marín, un uruguaio acusado de suplantacións de identidade e xefe dunha banda de traficantes de cocaína entre España e Italia.
Nun primeiro xuízo, Óscar Sánchez foi condenado polo Tribunal de Nápoles a 14 anos de cárcere. E no segundo xuízo, no que se acusaba ao español de asociación mafiosa, este quedou absolto por un defecto de forma no proceso xa que se celebrou sen a autorización da Audiencia Nacional. Aínda que Italia é un Estado soberano e independente que non ten por qué pedirlle permiso a ningún outro país para someter a xuízo a un presunto delincuente por un feito delictivo cometido no seu territorio, ben é certo que tanto España coma Italia pertencen a Unión Europea, polo que ambos países forman parte do espazo xudicial e policial da UE. Este espazo permite que un Estado, para poder realizar un xuízo a un presunto delincuente, reclame doutro dos Estados, mediante unha euro-orden, a entrega do cidadán que queren poñer ante a súa xustiza. A competencia para efectuar esa entrega correspóndelle á Audiencia Nacional, que sí deu permiso para que se executara a euro-orde tras unha mínima investigación, aportando documentación que facían presupoñer que os indicios sobre os que se sustentaba a acusación non eran suficientes para manter a detención de Óscar. Pero a lentitude italiana fixo que Óscar se vise envolto en dous xuízos distintos, en cuxa base se atopa un erro de identificación, así nolo explica o licenciado en Dereito, Lito García Abad.

Unha vez obtidos os resultados das probas de foniatría, que demostraban que o español de Sánchez, propio de España, e o de Marín, latinoamericano, eran diferentes, ou mesmo que o grao de coñecemento de italiano por parte de Sánchez era escaso, a fiscalía pediu a absolución do lavacoches español.
Aínda así, Óscar tivo que pasar 21 meses nuha cárcere italiana, sufrindo ataques físicos coma queimaduras, golpes; ou mesmo psicolóxicos, xa que o extorsionaban e insultaban frecuentemente.
A pesar de que xa todo rematou para Óscar, está en todo o seu dereito de pedir unha indemnización proporcional aos danos sufridos, xa que é un principio xurídico recoñecido universalmente que quen produce o dano debe reparalo, tal como sentencia o psicólogo Francisco Torquati.

                

No hay comentarios:

Publicar un comentario