lunes, 9 de julio de 2012

Noticia 1


O gran dilema custodial

 O principal problema que xorde tras un divorcio é a continua loita pola custodia dos fillos. Na maioría dos casos tal é o rencor existente entre ambos proxenitores que o que estes fan é utilizar aos seus fillos como meros instrumentos para facerse dano. Iso foi o que lle pasou a José.

José, veciño do Baixo Miño, divorciouse da súa muller, perdendo así a custodia da súa filla. Pero a súa ex-parexa comezou a manter unha actitude alienante cara a figura paterna, acusándoo de maltratar e abusar sexualmente da súa filla. Unha vez demostrada a falsidade desas acusacións, José fíxose coa custodia da súa filla tras unha intensa loita. Aproveitando os intensos lazos afectivos existentes entre a nai e a filla, a sentencia estableceu que a nai tiña dereito a ver a súa filla días festivos, fins de semanas e días intersemanais. Isto causou consecuencias moi negativas na pequena, xa que pasaba boa parte dos días no coche, facendo centos e centos de kilómetros, o que perxudicaba o seu rendemento escolar e aumentaba o seu extres.
Casos como os de José acontecen todos os días, parexas que se rompen pero que non saben solucionar as cousas do mellor modo posible, evitando o sufrimento dos seus fillos. Moitos pregúntanse se o erro está en que o 85% das veces a custodia sexa para a nai, ao que profesionais como a pedagoga Lola Martínez explican  que isto debíase á ausencia da muller no mundo laboral nos pasados anos, mais este feito agora carece de relevancia, xa que a muller está tan presente coma o home no traballo, polo tanto a custodia será entregada ao proxenitor que teña máis ganas e estea en mellores condicións de cuidar ao neno. E, dende o ámbito xurídico, o catedrático en Dereito Civil e abogado Ángel Rebolledo Varela  tamén afirma que a decisión do xuíz sempre será a que este estime máis adecuada para os fillos, xa que a propia lei lle outorga unha ampla marxe para iso.

Outro gran problema é cando nun matrimonio se disputan as custodias de varios fillos. O letrado Rebolledo afirma que cando os rapaces son pequenos a separación dos fillos é moi excepcional, pero cando estes teñen entre 16-17 anos si que é frecuente que o xuíz respecte a súa decisión de vivir co proxenitor que queira. Por outra banda, dende o lado pedagóxico dísenos que a decisión dos fillos acerca de con quen vivir é importante, pero non imprescindible, xa que hai que ter en conta que esa decisión pode deberse a maior permisividade dun dos proxenitores. Polo tanto, o mellor é que estean todos xuntos, pais e fillos, compartindo responsabilidades, porque moitas veces o proxenitor que ten a custodia vése incapacitado para coidar só aos seus fillos.
Nos últimos meses está aparecendo unha nova alternativa, que parece a solución idílica: a custodia compartida.
Fotografía: Mónica Penichet
Lola Martínez  defende que se os pais son responsables a custodia compartida, sen dúbida, é unha boa opción, xa que o neno necesita estar coas dúas figuras paternas; mais se o único que fan é usar ao neno para facerse dano mutuamente, o mellor será que o cativo viva cun só proxenitor, sempre que o outro poida ver ao seu fillo cando o desexe e non se evada das responsabilidades que ten. En cambio, o catedrático Rebolledo considera que aínda que a custodia a teña un só proxenitor, a patria potestade segue sendo compartida, polo que as decisións relevantes teñen que ser adoptadas de mutuo acordo, o que con amplo réxime de visitas permitiría acadar, na maioría das veces, resultados semellantes. Advirte que moi a menudo confúndense custodia compartida con patria potestade, tanto no ámbito social coma no xudicial. Remata sentenciando que a custodia compartida implica un grao de comunicación entre os pais que xeralmente leva ao fracaso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario